JORGE CABEZAS "JORGE CABEZAS TOMÉ" [A Coruña 1972]
Imposible de ser sometido a modos convencionais, este paradóxico pintor, sabio, namorado do oficio e, sen embargo, tan descoidado en apariencia, vela celosamente por todo canto se refire á súa vida persoal para facer público unicamente o relacionado coa súa obra.
Deuse a coñecer na súa cidade natal en 1991. Colectivamente, participou en diferentes certames de Galicia. En 1992 conseguiu o primeiro primerio do concurso Fundación Araguaney, en Compostela, que serviu para proxectalo no ámbito galego. Posteriormente, expón en Madrid e outras cidades de España, e salta a Nova York. Na cuarta edición da Mostra Díaz Pardo, a Deputación da Coruña adquire unha obra súa. Tamén expuso en Bos Aires.
Ten obra nas ditas institucións, no Colexio de Arquitectos de Galicia, na Colección Dry Martín de Barcelona e no Concello de Cambre.
Jorge Cabezas milita nun sucinto realismo, de expresión deliberante pobre, de cromatismo escueto e debuxo como elemental, aínda que posúe un bo oficio. Sobre fondos areosos, indeterminables, peixes ou copas insinúan unha narración inconcretable, para que a posible anécdota quede inmediatamente anulada. Cidades vagarosas titubean pese ós rotundos volumes das súas arquitecturas. Dalgunha maneira, Tàpies está nesta pintura, aínda que no galego hai unha paixón que non expresa o catalán.
BIBLIOGRAFIA
-Antón Reixa: Texto en carpeta de litografías. A Coruña, 1990.
-Vasco Conde: Texto en revista “Marineda” A Coruña, 1997.
-