Arte, gallega, gallego, pintura, escultura, colección, artistas, obras, coleccionistas, Galicia, Vigo, fotografía, grabado, lienzo, óleo, Técnica mixta, Acrílico, Acrílico, serigrafía,cxaref0009 Ver Obras Favoritas Imprimir esta página
AGUSTÍN PÉREZ BELLAS [Vigo 1925-1982]
Foi un extraordinario debuxante, irónico, mordaz, cáustico ás veces, e bo pintor ó que a morte temperá non lle permitiu realiza-la grande obra que tiña empezada.
Arquitecto de profesión, realizou obras importantes en Vigo e noutras cidades de Galicia. A súa preocupación intelectual levouno a viaxar por medio mundo e a ter contacto con figuras notables. Foi amigo de Rafael Alberti, Urbano Lugrís e Laxeiro. Casou coa tamén pintora Mercedes Ruibal, que conserva boa parte da súa obra.
Fixo exposicións en diversas cidades de Galicia e de España. A súa pintura cruzou o Atlántico para ser contemplada en Sudamérica. A súa ideoloxía de esquerda radical produciulle reveses co réxime franquista nos anos sesenta. Cultivou a crítica de arte, con asomos de grande finura, no diario "La Voz de Galicia".
A súa obra está representada en Museos de Galicia e mais en importantes coleccións particulares de España e América.
Pérez Bellas é un fillo de Goya e de Daumier. Os seus mundos son escuros, denunciadores, ás veces mesmo panfletarios. A soedade e mailo desvalemento social e económico das xentes campesiñas de Galicia son na súa plástica un motivo frecuente, dito cun debuxo expresivo, con grande fondura de sentimentos. Como pintor, en troques, amosábase lírico e case lúdico, aínda que a ironía crítica remataba por aparecer en fantasías de monstruos e seres oníricos ou fabularios. Quizais non chegou a domina-la técnica de pintor, polo que a súa pintura é menos importante có debuxo.
Bibliografía
-Pablos, Francisco:Plástica gallega. Vigo, Caixavigo 1981.
-Campoy, A. M.:Diccionario crítico del Arte español contemporáneo. Madrid, Ibérico Europea Edic. 1973.
-VV.AA. “Pérez Bellas” catálogo da antolóxica nº 38 da serie Grandes Artistas Gallegos, coa obra reproducida na p. 60.
Mosaico de obras
 13 rexistros atopados Visualizando de 1 a 13
[40]  Figuras
[1973] Acrílico/papel  
[661]  Xente do circo
[1971] Acrílico/táboa  
[662]  Dos cabezas
[1970] Acrílico/táboa  
[663]  Pareja en negro
[1968] Tinta/papel  
[1978] Tinta/papel  
[1981] Mixta/papel  
[1981] Mixta/papel  
[1970] Acrílico/papel  
[673]  Xogadores
[1967] Tinta/papel  
[674]  Antes de la luz
[1981] Mixta/papel  
[698]  Soledades
[1970] Acrílico/táboa  
[699]  Tempestad
[1970] Acrílico/papel  
[2412]  Distancias
[1981] Acrílico/tea  
     
 13 rexistros atopados Visualizando de 1 a 13
Contacto  
Arte, gallega, gallego, pintura, escultura, colección, artistas, obras, coleccionistas, Galicia, Vigo, fotografía, grabado, lienzo, óleo, Técnica mixta, Acrílico, Acrílico, serigrafía, cxaref0001
Creada y diseñada por: Aaccentia Multimedia SL