Arte, gallega, gallego, pintura, escultura, colección, artistas, obras, coleccionistas, Galicia, Vigo, fotografía, grabado, lienzo, óleo, Técnica mixta, Acrílico, Acrílico, serigrafía,cxaref0009 Ver Obras Favoritas Imprimir esta página
CASTRO COUSO [Buenos Aires, 1924]
Complexa e rica personalidade é a deste arxentino, descendente de galegos que realiza en Bos Aires e Vigo unha ampla obra de pintor, profesor, ensaísta e crítico de arte.
Traballou en diversos lugares da Arxentina, sempre preto de ambientes galegos, onde difundiu as técnicas do gravado, sobre todo as da xilografía e as do linóleo. Publicou libros de narracións moi fermosas homenaxeando a figuras da cultura galega coma Rosalía de Castro, da que o retrato en linóleo está amplamente espallado.
En España participou en numerosas mostras colectivas e, dende o taller "Abracadabra" que dirixe, fomentou a pintura en numerosas vocacións, moitas delas xa formadas. Está casado coa tamén pintora, Ana Martínez Pasarín.
Está representado nos museos de Galicia.
A pintura de Castro Couso identifícase co cubismo sinóptico e acusa claras influencias de Picasso, malia que o noso artista chegue sempre a modos propios de expresión. As superficies caracterízanse por teren unha coloración uniforme sobre debuxos con alarde de curvas e mais exercicios lineais moi rechamantes. As súas figuras ideais teñen relación coas concepcións do oco incorporado ó espacio, que espallou o xenial malagueño citado, así como o escultor Henry Moore. En Castro Couso sempre hai un debuxante seguro e un pintor cabal, en apariencia frío e, sen embargo, capaz de esperta-la emoción en espectadores sensibles e cultivados.
Bibliografía
-Pablos, Francisco:Plástica gallega, Vigo, Caixavigo, 1981
Mosaico de obras
 3 rexistros atopados Visualizando de 1 a 3
[119]  Mariscadora
[1975] Pastel/papel  
[460]  Macrocosmos
[1980] Mixta/táboa  
[1984] Mixta/táboa  
 
 3 rexistros atopados Visualizando de 1 a 3
Contacto  
Arte, gallega, gallego, pintura, escultura, colección, artistas, obras, coleccionistas, Galicia, Vigo, fotografía, grabado, lienzo, óleo, Técnica mixta, Acrílico, Acrílico, serigrafía, cxaref0001
Creada y diseñada por: Aaccentia Multimedia SL