| ALEJANDRO GONZÁLEZ PASCUAL [A Coruña 1930-1993]
|
 |
Realizou estudios na Escola de Artes e Oficios da urbe herculina. Formou parte do grupo de intelectuais e artistas que editaba a revista "Atlántida". Iniciou as súas exposicións na Coruña en 1954 e, dende aquela, con certa cadencia expón en tódalas cidades de Galicia e mais en Madrid e Barcelona. Acudiu a numerosas mostras colectivas, entre as que sobresae a súa aportación na de Pintura Galega Contemporánea, en Santiago, en 1983. Está representado nos museos de Galicia e mais en importantes coleccións de institucións públicas. González Pascual é un investigador da luz. A súa materia é sobria, delgada e cimenta o seu traballo nun debuxo preciso. Cadanseu cadro amosa grandes doses de sensibilidade e un deliberado intimismo que leva incluso ás súas figuras. Nalgunhas ocasións traballou nunha gamma case monocroma, coma a de azuis intensos e negros. Hai neste pintor un preciosismo exquisito, tanto cando se achega á neofiguración coma cando está moi próximo ó hiperrealismo. A textura das súas representacións é magnífica, case táctil, e un vago misterio dentro da nudez dos seus asuntos invade o cadro que cobra un clima moi persoal.
|
|
|
Bibliografía
|
-Vangardas e Silencios: Compostela, Xunta de Galicia, 1984. -Tempos de pintura. Compostela, Xunta de Galicia, 1985. -Arte Galego. A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 1992. -Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981. -Chamoso Lamas, Manuel: "Arte", en Galicia. Barcelona, Edit. Noguer, 1976.
|
|
|
 |
|
|
 |
|