Arte, gallega, gallego, pintura, escultura, colección, artistas, obras, coleccionistas, Galicia, Vigo, fotografía, grabado, lienzo, óleo, Técnica mixta, Acrílico, Acrílico, serigrafía,cxaref0009 Ver Obras Favoritas Imprimir esta página
ALEX VÁZQUEZ [Vigo 1946]
Aínda que a súa vinculación ó mundo plástico é por completo paralela á súa vida, xa que desde neno traballa en medios creativos publicitarios, como pintor de cabalete apareceu relativamente tarde. Empezou a expoñer en 1983, na súa cidade natal. Desde aquela realizou mostras con regularidade en cidades de Galicia, España e Portugal. É importante a súa faceta de ilustrador porque é un debuxante exquisito, cun grafismo primoroso, capaz de sintetiza-la arquitectura monumental ou calquera obxecto nos trazos xustos.
Fundamentalmente paisaxista,e, sobre todo, paisaxista urbano, digamos da súa pintura o que afirmaba Ortega y Gasset respecto da literatura de Azorín: "primores de lo vulgar". Porque Álex Vázquez é quen de facer motivo plástico dunha nadería calquera, do secundario e habitualmente inadvertido. Así, un balcón, unhas macetas, un interior entrevisto, ou simplemente presentido a través dunhas cortinas, constitúe unha pintura de execución equilibrada, ás veces minuciosa, pero nunca insistida, de maneira que a anécdota, como quería o mestre d´Ors, se eleva a categoría.
Pintor do sentimento, de evocacións e nostalxias, de imaxinacións viscontianas, a cabalo entre un barroco intemporal e un novecentismo inexacto, deliberadamente inexacto, para que o motivo e a interpretación se identifiquen sen asoballar. Un pintor sen vangardas, convencido de que a forma, a luz e o ambiente son tamén, e con grande verdade, a pintura verdadeira.
Bibliografía
-Faraldo, Ramón: Alex Vázquez.
Santiago, Fund. Araguaney, 1994.
-Fernández del Riego, Francisco: Catálogo.
Pontevedra, 1994.
-F. Pablos, "O secundario elevado ó protagonismo", presentación do catálogo da exposición “Bodegóns e Floreiros”, reproducido co núm. 35.
- VV.AA. “Alex Vázquez” catálogo da itinerante, Xunta de Galicia, coa obra reproducida.
- Catálogo da exposición do Museo de Laxeiro; catálogo da exposición da Nova Sala Caixavigo de 1995.
Mosaico de obras
 17 rexistros atopados Visualizando de 1 a 17
[759]  Paisaje urbano
[1989] Acrílico/tea  
[760]  Paisaje urbano
[1989] Acrílico/tea  
[1994] Acrílico/papel  
[1104]  Viñedo de Eiras
[1995] Acrílico/tea  
[1371]  Balcón
[1990] Acrílico sobre lenzo  
[1466]  Retablo
[1983] Acrílico sobre lenzo/táboa  
[2304]  Bodegón
[1998] Óleo en barras/papel Fabriano 300 grs  
[2407]  Paisaxe costeira
[c1997] Acrílico/papel Fabriano 300 grms  
[2408]  Brétema
[1999] Acrílico/papel Fabriano 300 grms  
[2409]  Escaleira
[1997] Acrílico/papel Fabriano 300 grms  
[2540]  Outono
[2000] Acrílico sobre lenzo  
[2541]  Vibración
[2000] Acrílico sobre lenzo  
[2671]  Pensión Picasso
[2002] Acrílico sobre lenzo  
[2672]  Sombrerería
[2001] Acrílico sobre lenzo  
[3141]  MACETAS AL SOL
Acrílico sobre lenzo  
Acrílico sobre papel  
Acrílico sobre lenzo/táblex  
     
 17 rexistros atopados Visualizando de 1 a 17
Contacto  
Arte, gallega, gallego, pintura, escultura, colección, artistas, obras, coleccionistas, Galicia, Vigo, fotografía, grabado, lienzo, óleo, Técnica mixta, Acrílico, Acrílico, serigrafía, cxaref0001
Creada y diseñada por: Aaccentia Multimedia SL