| Inicio |
Información de AutorInformación do Autor ![]() |
Obra en Detalle ![]() |
Resultados Búsqueda ![]() |
Busq. Avanzada ![]() |
Busq. Específica ![]() |
Al observar la composición hay algo que se nos escapa, que se queda oculto tras la imagen que vemos: una colección de armas ordenadas en un panel vertical y el retrato de un personaje que asoma por encima de una armadura del siglo XVI. Las posibilidades interpretativas son muchas, más que una lectura exige una complicidad con el autor. Algo emerge del subconsciente del creador con un tipo de planteamiento surrealista nuevo, ajeno a los postulados de Breton.
Exposición organizada por Unicef en Sevilla en 1995; exposición en Madrid, Arte 21, en 1995.
Ao observar a composición hai algo que se nos escapa, que queda oculto tras a imaxe que vemos: unha colección de armas ordenadas nun panel vertical e o retrato dun personaxe que asoma por riba dunha armadura do século XVI. As posibilidades interpretativas son moitas; máis ca unha lectura, esixe unha complicidade co autor. Algo emerxe do subconsciente do creador cun tipo de postura surrealista nova, allea aos postulados de Breton.
Exposición organizada por Unicef en Sevilla en 1995; exposición en Madrid, Arte 21, en 1995.
De familia de pintores, sus padres, Fernando Artal, realista, y María José Moreno, se traslada a Vigo en 1976. Inmeditamente destaca por sus condiciones plásticas, y a partir de los seis años gana más de una docena de concursos infantiles de dibujo y pintura. En 1984 consigue el primer premio del Certamen Juvenil de Artes Plásticas de la Xunta de Galicia, y al año siguiente el de pintura en el mismo concurso. En 1987 inicia la carrera de Bellas Artes en la Facultad de Salamanca, donde en 1988 realiza su primera exposición. La carrera la prosigue en la Facultad de Sevilla. Su primera exposición importante la presenta en el Club Financiero de Madrid, en 1989. Sigue participando en colectivas destacadas en diversas ciudades españolas. En 1992 concluye su carrera, con las máximas calificaciones. Al año siguiente gana el premio Ademar Champagnat en Vigo y expone de nuevo en Sevilla y en otras ciudades de Andalucía. En Vigo, su primera exposición individual la realiza en la galería Alameda, en 1996. Posteriormente expone, con su hermano Arístides, en la Galería Albermale, de Londres. Simultáneamente se ha dedicado a la música, que incide en su concepto plástico. Estudió en los conservatorios de Vigo, Salamanca y Sevilla, flauta de pico, travesera barroca y viola de gamba. Ha participado en cursos de interpretación y en conciertos con eminentes intérpretes y conjuntos. El mundo plástico en Arquímedes Artal es realista y romántico a un tiempo. Evocador y testimonial, trascendiendo lo anecdótico a categoría, y además de modo inquietante. Fragmentos arquitectónicos o arqueológicos, rincones en los que se incriben paisajes con jardines de olvidanza, al modo juanramoniano. Todo, piedras, vegetales, objetos, seres, semejan vivir, latir, imponerse, aunque aparezcan como cubiertos por la pátina que les da el tiempo. En interiores y escenas domésticas se instalan relieves de la Roma clásica. Edificios de época imprecisable, con ventanales enrejados y tapiados, muestran huellas de degradación. Tallas sobre columnas, de una catedral indeterminable, están envueltas en redes de restauración que de pronto han florecido en espigas. Lo miguelangelesco tiene rostros vivos y actuales. Sus bodegones, con objetos cotidianos y humildes, individualizan y resaltan esas cosas, que llegan a ser únicas, y mayusculizadas en su anonimato lógico. En el paisaje, Artal es igualmente preciso, pero en las naturalezas que representa, de minuciosidad absoluta, se inscribe un detalle sorprendente, insólito. Y en sus retratos el rostro del retratado está completo y pormenorizado, como si se reflejara en un espejo mágico.
-Colección Ademar Champagnat. Catálogo. Xunta de Galicia, 1996. -Arte XXI. Mecenazgo artístico. Madrid, 1995.
Nacido nunha familia de pintores (os seus pais, Fernando Artal, minucioso realista, excepcional coñecedor do oficio, pedagogo destacado, e a súa nai, María José Moreno) trasládase a Vigo en 1976. Inmediatamente destaca polas súas condicións plásticas e a partir dos seis anos gaña máis dunha ducia de concursos infantís de debuxo e pintura. En 1984 consegue o primeiro do Certame Xuvenil de Artes Plásticas da Xunta de Galicia, e ó ano seguinte o de pintura no mesmo concurso, tras ser seleccionado no de Artistas Noveis auspiciado por Caixavigo. Participa e gaña premios noutros concursos, e en 1987 inicia a carreira de Belas Artes na facultade de Salamanca, onde en 1988 realiza a súa primeira exposición, na sala Unamuno. A carreira proséguea na facultade de Sevilla, onde participa nunha colectiva da universidade hispalense. A súa primeira exposición importante preséntaa no Club Financeiro de Madrid, en 1989. Segue participando en colectivas destacadas en diversas cidades españolas. En 1992 conclúe a súa carreira coas máximas cualificacións. Ó ano seguinte gaña o premio Ademar Champagnat en Vigo e expón de novo en Sevilla e noutras cidades de Andalucía. En Vigo, a súa primeira exposición individual realízaa na galería Alameda, en 1996. Posteriormente leva a cabo un taller de pintura no centro penitenciario de Sevilla, e expón, co seu irmán Arístides, na Galería Albermale, de Londres. Simultaneamente coa súa formación plástica levou a cabo a musical, que incide, sen dúbida, no seu concepto clásico. Estudiou nos conservatorios de Vigo, Salamanca e Sevilla, flauta de pico, travesera barroca e viola de gamba. Participou en cursos de interpretación de música barroca e romántica e en concertos con eminentes intérpretes e conxuntos. Actualmente é membro do Ludicus Consort e Tahona Consort. O mundo plástico de Arquímedes Artal é realista e romántico a un tempo. Evocador e testemuñal, trascendendo o anecdótico a categoría, como pedía o mestre Eugenio d=Ors, e ademais de modo inquedante. Fragmentos arquitectónicos ou arqueolóxicos, recunchos nos que se inscriben paisaxes con xardíns de olvidanza, ó modo juanramoniano. Todo, pedras, vexetais, obxectos, seres, semellan vivir, latexar, impoñerse, aínda que parezan como cubertos pola pátina que lles dá o tempo. En interiores e escenas domésticas, cunha referencia que podería ser López García, con quen seguiu recentemente un curso en Andalucía, instálanse relevos da Roma clásica. Edificios de época imprecisable, con ventanais enreixados e tapiados, amosan pegadas de degradación. Tallas sobre columnas, dunha catedral indeterminable, están envoltas en redes de restauración que pronto floreceron en espigas. O miguelangelesco ten rostros vivos e actuais. Os seus bodegóns, con obxectos cotiáns e humildes, individualizan e resaltan esas cousas, que chegan a ser únicas, e maiusculizadas no seu anonimato lóxico. Na paisaxe, Artal é igualmente preciso, pero nas naturezas que representa, de minuciosidade absoluta, inscríbese un detalle sorprendente, insólito. E nos seus retratos o rostro do retratado está completo e pormenorizado, coma se se reflectise nun espello máxico. Evidentemente, xunto ó modo de expresión realista hai non pouco de surrealismo, de onirismo razoado tralo soño, desde un concepto intelectivo, harmónico, musical, romántico, no mellor concepto deste movemento estético, moi anterior á súa máxima proxección, no século XIX. Porque na pintura de Arquímedes Artal todo é deliberadamente paradóxico, ó insuflar vida ó inerte, ou cando menos inanimado, e ó facer que o vivo semelle morto e de pronto enfatizado Ama non troppo@, que se diría nunha linguaxe musical. Se Goya afirmou que o soño da razón produce monstros, en Artal ese soño cobra ou recrea esquecementos, ou causa sorpresas e destaca pormenores que a visión habitualmente fugaz a penas apreciaría nesa realidade imaxinaria que é toda a súa pintura. A pedra renacentista ou plateresca, a salmantina, arenisca dourada, mera materia inerte, con figuras acéfalas polo tempo e a incuria, recupera cabezas, rostros que nunca tivo, pero que son de hoxe, non de hai varios séculos, ou se documenta en etiquetas sen texto cunha lectura que se apresura o espectador a redactar. Sabia pintura, meditada, primorosamente executada, con referencias en López García, en Naranjo e en Zacarías González, acaso, pero tamén moi persoal, inconfundible, sen estridencias, deliberadamente axordada ata no cromatismo.
-Colección Ademar Champagnat. Catálogo. Xunta de Galicia. 1996. -Arte XXI. Mecenazgo artístico. Madrid, 1995.
|
Al observar la composición hay algo que se nos escapa, que se queda oculto tras la imagen que vemos: una colección de armas ordenadas en un panel vertical y el retrato de un personaje que asoma por encima de una armadura del siglo XVI. Las posibilidades interpretativas son muchas, más que una lectura exige una complicidad con el autor. Algo emerge del subconsciente del creador con un tipo de planteamiento surrealista nuevo, ajeno a los postulados de Breton.
Exposición organizada por Unicef en Sevilla en 1995; exposición en Madrid, Arte 21, en 1995.
Ao observar a composición hai algo que se nos escapa, que queda oculto tras a imaxe que vemos: unha colección de armas ordenadas nun panel vertical e o retrato dun personaxe que asoma por riba dunha armadura do século XVI. As posibilidades interpretativas son moitas; máis ca unha lectura, esixe unha complicidade co autor. Algo emerxe do subconsciente do creador cun tipo de postura surrealista nova, allea aos postulados de Breton.
Exposición organizada por Unicef en Sevilla en 1995; exposición en Madrid, Arte 21, en 1995.
Visor de Eventos |
|
|
| Título | Inv. | Tipo | Técnica | TipologíaTipoloxía | Autor | FechaData | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Filtrar: | |||||||
| PáginaPáxina 1 de 3 | |||||||
| Consultando de registrosrexistros | |||||||
Buscar en la colección:
Buscar na colección:
| Nombre ArtísticoNome Artístico | NombreNome | ApellidosApelidos | NacimientoNacemento | |
|---|---|---|---|---|
| Filtrar: | ||||
| PáginaPáxina 1 de 3 | ||||
| Consultando de registrosrexistros | ||||
| Título | Inv. | Tipo | Técnica | TipologíaTipoloxía | Autor | FechaData | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Filtrar: | |||||||
| PáginaPáxina 1 de 3 | |||||||
| Consultando de registrosrexistros | |||||||
Cargando Datos... |

Cargando Datos...