ENRIQUE ORTIZ ALONSO - Gaiteiro falando de Utamaro, 1986. Temple ó ovo sobre papel, 94x60 cm (INV:1337)
Comentarios
La obra, concebida como un particular homenaje al mundo del grabado y del arte japonés, está dedicada al maestro de la estampa nipona, Utamaro Kitagawa, famoso por la elegancia y sensualidad de sus retratos femeninos.
En un espacio indeterminado se situan los personajes de esta composición de gran complejidad y belleza, llena de simbolismos ocultos. Cada una de las figuras tiene identidad propia, comparte la misma atmósfera etérea pero no se relaciona, como si no formase parte de la misma realidad, constituyendo sólo fragmentos aislados de un mismo relato. Las figuras femeninas, insinuantes, muestran sus pechos desnudos, ajenas al narrador masculino, al gaiteiro, que las señala, describiendo ante los absortos personajes medievales del balcón un fascinante relato.
Contribuyen a crear esa atmósfera de sueño las masas de color que se superponen sobre el intenso azul de fondo, consiguiendo una superficie densa y pesada en la que los colores se solapan, perdiendo nitidez y transparencia para ganar en sensaciones matéricas. La luz está perfectamente captada mediante la pincelada precisa y la selección de tonalidades que se amoldan a las diferentes gradaciones lumínicas confiriendo volumen y corporeidad a estos personajes, habitantes de un mundo imaginario.
Exposiciones
"Enrique Ortiz Alonso. Namorados Trotamondos". Del 1 al 14 de marzo de 1986. Sala de Exposiciones de Caixaourense. Torre de Orense.
"II ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Del 20 al 30 de septiembre de 1989. Sala de Exposiciones del Aula de Cultura de Caixaourense.
Reproducciones
"II ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Caixaourense, Orense, 1989.
"Auria. Revista mensual de Caixa Ourense". Julio 1998, año II, nº 15. Contraportada.
ENRIQUE ORTIZ ALONSO - Gaiteiro falando de Utamaro, 1986. Temple ó ovo sobre papel, 94x60 cm (INV:1337)
Comentarios
A obra, concibida como unha particular homenaxe ao mundo do gravado e da arte xaponesa, está dedicada ao mestre da estampa nipona, Utamaro Kitagawa, famoso pola elegancia e sensualidade dos seus retratos femininos.
Nun espacio indeterminado sitúanse os personaxes desta composición de gran complexidade e beleza, chea de simbolismos ocultos. Cada unha das figuras ten identidade propia, comparte a mesma atmosfera etérea pero non se relaciona, coma se non formarse parte da mesma realidade, constituíndo só fragmentos illados dun mesmo relato. As figuras femininas, insinuantes, mostran os seus peitos espidos, alleas ao narrador masculino, o gaiteiro, que as sinala, describindo ante os absortos personaxes medievais do balcón un fascinante relato.
Contribúen a crear esa atmosfera de soño as masas de cor que se superpoñen sobre o intenso azul de fondo, acadando unha superficie densa e pesada na que as cores se solapan, perdendo nitidez e transparencia para gañar en sensacións matéricas. A luz está perfectamente captada mediante a pincelada precisa e a selección de tonalidades que se amoldan ás diferentes gradacións lumínicas conferindo volume e corporeidade a estes personaxes, habitantes dun mundo imaxinario.
Exposicións
"Enrique Ortiz Alonso. Namorados Trotamondos". Do 1 ao 14 de marzo de 1986. Sala de Exposicións de Caixaourense. Torre de Ourense.
"II ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Do 20 ao 30 de setembro de 1989. Sala de Exposicións da Aula de Cultura de Caixaourense.
Reproduccións
"II ciclo del fondo de arte de Caixaourense". Caixaourense, Ourense, 1989.
"Auria. Revista mensual de Caixa Ourense". Xullo 1998, ano II, nº 15. Contraportada.