| Inicio |
Información de AutorInformación do Autor ![]() |
Obra en Detalle ![]() |
Resultados Búsqueda ![]() |
Busq. Avanzada ![]() |
Busq. Específica ![]() |
Cabeza inclinada sobre el hombro derecho, con la mirada baja y el ceño fruncido. El modelado concebido con austeridad de rasgos, y gran delicadeza en los paños, se equilibra con la luz, que actúa sobre la superficie lisa del bronce, con brillos y sombras que imprimen carácter al retrato.
"Artistas Gallegos en la colección CA.M.V. del 5 al 28 de septiembre de 1986, en la Sala de Exposiciones del Centro Cultural Caixavigo; Artistas Gallegos en la colección C.A.M.V.(II)”.
Cabeza inclinada sobre o ombro dereito, coa mirada baixa e o cello pregado. O modelado concibido con austeridade de trazos e gran delicadeza nos panos equilíbrase coa luz, que actúa sobre a superficie lisa do bronce con brillos e sombras que lle imprimen carácter ao retrato.
Artistas galegos na colección CAMV, do 5 ao 28 de setembro de 1986, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; Artistas galegos na colección CAMV (II).
Qué hombre bueno y honesto, y qué escultor, honesto y bueno, fue Xoan Piñeiro, una voluntad absoluta por la creación, el dominio de la forma, la invención de nuevos volúmenes, la fidelidad en el retrato. De origen campesino y marinero es, durante su infancia, adolescencia y primera juventud, simplemente pastor. Pero ya es artista, y a punta de navaja talla, en ramas de carballos o castiñeiros, en costillas de gamelas varadas, sus primeras figuras. La Diputación provincial lo beca para realizar estudios en la Escuela de San Fernando de Madrid. Con enorme esfuerzo, porque su formación escolar ha sido escasa. Se traslada a Santander, para trabajar en el taller de imaginería del escultor Capuz, un maestro que da al gallego un excelente oficio de escultor. El primer galardón le llega a Piñeiro en la exposición de becarios de Escultura, en 1950, tras haber tenido éxito en el Salón de Otoño madrileño y otra beca del Ayuntamiento de su villa natal. Reside en Madrid, trabaja, expone y acude a la Bienal Hispanoamericana de Barcelona de 1953. Rompe con la vida madrileña y regresa a Galicia, para establecer taller en Goián, villa natal de su esposa, Carmiña, muchas veces modelo del artista y prima del pintor Xavier Pousa, discípulo del maestro Antonio Fernandez, con quien el escultor hace amistad inmediatamente. Piñeiro, talento natural, férrea voluntad, domina la anatomía e inventa ingenios de fundición desafiando a las leyes de la física. Comienza a realizar monumentos públicos que le dan prestigio, como el de Calvo Sotelo, en Tui, al que seguirán el del arzobispo Lago, también en el vieja ciudad medieval, el de Millán Astray en A Coruña, el de los marineros en Vigo. Se frustra su proyecto de homenaje a Martín Códax por incomprensión de un alcalde vigués que no entiende la imaginación del artista, el cual hace arte religioso para las iglesias de San José Obrero y Los Apóstoles, en Vigo. Se prodigan sus exposiciones. A la inicial escultura realista, de forma amarrada y clásica, ha sucedido un mundo de formas curvas, con oquedades, donde piedra y bronce se combinan. Es un clásico en cualquier muestra colectiva. Alterna su vida entre Vigo y Goián, y ese afán de volver al taller, de trabajar, de sentirse a gusto en su medio de creación, le costará la vida. Tras asistir a un homenaje íntimo que un grupo de artistas rendía al escultor gallego Reinaldo, Piñeiro decide, de madrugada, irse a Goián a trabajar. Apenas ha amanecido el domingo 21 de diciembre de 1980. Su "Land Rover" vuelca en el cruce de Porriño hacia Tui, y el artista muere, cuando su madurez nos hacía prometer nueva e importante obra. Desde entonces, las exposiciones de su escultura, cuidada por su viuda e hijas, se han repetido en numerosas ciudades, siempre en calidad de homenaje a un maestro fallecido prematuramente. La obra de Xoan Piñeiro se encuentra en todos los Museos de Galicia, en otros de provincias españolas, en Africa y en colecciones institucionales. Piñeiro inició su tarea con influencias de la escultura de la postguerra, desde Clará a Capuz y desde Macías a Planes. Tallaba la piedra-mármol, granito- con un primor de orfebre, tarea en la que ejerció magisterio cerca de Magín Picallo y otros jóvenes escultores. Recuerda a Victorio Macho en las obras de pliegues acusados, de grandes aristas y angulosidades. Un día contempla a Moore y a partir de sus curvas, sus oquedades, idea un nuevo sentido del volumen, de concepto abstractivo, con espirales, formas de identificación vegetal o relacionables con los alardes de Gaudí y Oteiza. La textura invita a una contemplación morosa. Parece que domina la mitologia precolombina. Artistas, planos curvados, esfericidades incompletas, ovoides. Y el hueco, incorporado al resultante, con valor escultórico, en epidermis pulidas o granuladas, en verdes rugosos o en oros pulidos, con todos los recursos del bronce, que él mismo funde, acaricia, bruñe, mima, en su taller goianés que conservan familiares y amigos con su nombre. El definitivo Piñeiro, el que serenaría estos alardes, que partieron del ejercicio riguroso, desgraciadamente quedó truncado por la muerte.
- Alonso Eliseo:Xoan Piñeiro. La Guardia, 1981- Pablos, Francisco:Xoan Piñeiro. Pontevedra, Diputación provincial, 1982. - Pablos, Francisco:Plástica Gallega. Vigo, Caixavigo, 1981. - 20 años de arte en Pontevedra. Pontevedra, Diputación provincial, 1989. - Recordo de Xoan Piñeiro. (Colectivo). Vigo. Deleg. Local de Cultura,1982. - Xoan Piñeiro Nogueira. A Coruña, Ayuntamiento, (s. a.)- Chamoso Lamas. Manuel: "Arte" en Galicia. Barcelona, Edit. Noguer,1976. - Sobrino Manzanares, Maria Luisa:Historia de Galicia. Vol. IIBarcelona, Edit. Planeta. 1980. - Plaza Molina, Gabriel:"Arte" en Galicia. A Coruña, Edic. do Castro, 1981.
Que home bo e honesto e que escultor, honesto e bo, foi Xoán Piñeiro, unha vontade absoluta para a creación, o dominio da forma, a invención de novos volumes e a fidelidade no retrato. De orixe campesiña e mariñeira é, durante a súa nenez, adolescencia, primeira mocidade, simplemente pastor. Pero xa é artista e talla a punta de navalla en pólas de carballos ou castiñeiros, en costelas de gamelas varadas, as súas primeiras figuras. A Deputación Provincial concédelle unha bolsa para realizar estudios na escola de San Fernando de Madrid, o que fai con grande esforzo, por ter sido a súa formación escolar moi escasa. Trasládase logo a Santander para traballar nun taller de imaxinería do escultor Capuz, mestre que lle dá ó galego un excelente oficio de escultor. O primeiro galardón chégalle a Piñeiro na exposición de bolseiros de Escultura, en 1950, despois do éxito que obtivo no Salón de outono madrileño e mais outra bolsa do Concello da súa vila natal. Reside en Madrid, traballa, expón e acode á Bienal Hispanoamericana de Barcelona en 1953. Rompe coa vida madrileña e volve a Galicia para establecer taller en Goián, vila natal da súa muller, Carmiña, moitas veces modelo do artista e prima do pintor Xavier Pousa, discípulo do mestre Antonio Fernández, con quen o escultor fai amizade inmediatamente. Piñeiro, talento natural, férrea vontade, domina a anatomía e inventa enxeños de fundición desafiando as leis da física. Empeza a realizar monumentos públicos que lle dan prestixio, coma o de Calvo Sotelo, en Tui, ó que seguirán o do arcebispo Lago, tamén na vella cidade medieval,o de Millán Astray na Coruña e o dos mariñeiros en Vigo. Frústrase o seu proxecto de homenaxe a Martín Códax, pola incomprensión dun alcalde vigués que non entende a imaxinación do artista, que fai arte relixiosa para as igrexas de San Xosé obreiro e os Apóstolos, en Vigo. Prodíganse as súas exposicións. Á inicial escultura realista, con forma amarrada e clásica, sucedeulle un mundo de formas curvas, con ocos nos que a pedra e o bronce se combinan. É un clásico en calquera mostra colectiva. Alterna a súa vida entre Vigo e Goián, e ese afán de volver ó taller, de traballar, de se sentir a gusto no seu medio de creación custaralle a vida. Tras asistir a unha homenaxe íntima que un grupo de artistas lle rendía ó escultor galego Reinaldo, Piñeiro decide, de madrugada, ir a Goián a traballar. A penas amañece, o domingo 21 de decembro de 1980, o seu Land Rover dá a volta no cruce de Porriño cara a Tui e o artista morre, cando a súa madureza nos prometía nova e importante obra. Desde aquela, as exposicións da súa escultura, que coidan a súa viúva e fillas, repetíronse en numerosas cidades, sempre en calidade de homenaxe a un mestre finado prematuramente. A obra de Xoán Piñeiro atópase en tódolos museos de Galicia, noutros de provincias españolas, en África e mais en coleccións institucionais. Piñeiro empezou a súa tarefa con influencias da escultura de posguerra, dende Clará a Capuz e dende Macías a Peanes. Tallaba con pedra -mármore, granito - cun primor de ourive, tarefa na que exerceu maxisterio preto de Magín Picallo e outros xoves escultores. Lembra a Victorio Macho nas obras de dobreces acusadas, de grandes arestas e angulosidades. Un día contempla a Moore e a partir das súas curvas, os seus ocos, idea un novo sentido de volume, de concepto abstractivo, con espirais, formas de identificación vexetal ou relacionables coas fachendas de Gaudí e Oteiza. A textura convida a unha contemplación morosa. Semella que domina a mitoloxía precolombina. Arestas, planos curvados, esfericidades incompletas, ovoides. E o oco, incorporado ó resultante, con valor escultórico, en epidermes pulidas ou granuladas, en verdes rugosos ou en ouros pulidos, con tódolos recursos do bronce, que el mesmo funde, aloumiña, brume, mima, no seu taller goianés, que conservan parentes e amigos co seu nome. En definitiva, Piñeiro, o que acougaría estas fachendas que partiron do exercicio rigoroso, desgraciadamente quedou truncado pola morte.
-Alonso Eliseo: Xoan Piñeiro. La Guardia, 1981 -Pablos, Francisco: Xoan Piñeiro. Pontevedra, Diputación provincial, 1982. -Pablos, Francisco: Plástica Gallega. Vigo, Caixavigo, 1981. -20 años de arte en Pontevedra. Pontevedra, Diputación provincial, 1989. -Recordo de Xoan Piñeiro. (Colectivo). Vigo. Deleg. Local de Cultura,1982. -Xoan Piñeiro Nogueira. A Coruña, Concello (s.a.) -Chamoso Lamas. Manuel: «Arte» en Galicia. Barcelona, Edit. Noguer,1976. -Sobrino Manzanares, Maria Luisa: Historia de Galicia. Vol. II. Barcelona, Edit. Planeta. 1980. -Plaza Molina, Gabriel: «Arte» en Galicia. A Coruña, Edic. do Castro, 1981.
|
|
|
Cabeza inclinada sobre el hombro derecho, con la mirada baja y el ceño fruncido. El modelado concebido con austeridad de rasgos, y gran delicadeza en los paños, se equilibra con la luz, que actúa sobre la superficie lisa del bronce, con brillos y sombras que imprimen carácter al retrato.
"Artistas Gallegos en la colección CA.M.V. del 5 al 28 de septiembre de 1986, en la Sala de Exposiciones del Centro Cultural Caixavigo; Artistas Gallegos en la colección C.A.M.V.(II)”.
Cabeza inclinada sobre o ombro dereito, coa mirada baixa e o cello pregado. O modelado concibido con austeridade de trazos e gran delicadeza nos panos equilíbrase coa luz, que actúa sobre a superficie lisa do bronce con brillos e sombras que lle imprimen carácter ao retrato.
Artistas galegos na colección CAMV, do 5 ao 28 de setembro de 1986, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; Artistas galegos na colección CAMV (II).
Visor de Eventos |
|
|
| Título | Inv. | Tipo | Técnica | TipologíaTipoloxía | Autor | FechaData | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Filtrar: | |||||||
| PáginaPáxina 1 de 3 | |||||||
| Consultando de registrosrexistros | |||||||
Buscar en la colección:
Buscar na colección:
| Nombre ArtísticoNome Artístico | NombreNome | ApellidosApelidos | NacimientoNacemento | |
|---|---|---|---|---|
| Filtrar: | ||||
| PáginaPáxina 1 de 3 | ||||
| Consultando de registrosrexistros | ||||
| Título | Inv. | Tipo | Técnica | TipologíaTipoloxía | Autor | FechaData | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Filtrar: | |||||||
| PáginaPáxina 1 de 3 | |||||||
| Consultando de registrosrexistros | |||||||
Cargando Datos... |

Cargando Datos...